Por que Xénese Iniciativas

Todas as etapas na vida dunha empresa están cheas de retos difíciles. A realidade do noso universo de PYMES é que teñen un volume medio de negocio pequeno, crea pouco emprego por compañía e o ámbito xeográfico de ventas é reducido.

A grandísima maioría das compañías galegas está composta por pemes que, na súa meirande parte, son microempresas, con facturacións de entre 100.000 € e 900.000 € e persoal inferior aos 5 empregados.

Tendo en conta o crecemento das inversións en startups a escala nacional e o esforzo que se está a facer en Galicia en termos de fomento do emprendemento, semella razoable sinalar que hai carencias que dificultan dar o salto a ese tipo de pequenas compañías para transformárense en empresas medianas, con facturacións de entre 1 e 10 millóns de € e un maior número de empregados.

Ese salto das pequenas empresas ás medianas é un dos factores chave dos que depende a modernización industrial.

O noso obxectivo

“Crear un instrumento de investimento para consolidar e apoiar  a xénese de iniciativas emprendedoras que enriquezan o tecido empresarial de Galicia”

Quen somos

Somos un grupo de nove empresarios galegos, consolidados e cunha longa traxectoria.

Estes son os nosos números:

  • Xuntos acumulamos unha experiencia de negocio de máis de 160 anos.
  • Xestionamos un volume de negocio total de 100 millóns de euros.
  • As nosas empresas teñen xerado 2.500 postos de traballo.
  • As nosas inversións superan os 100 millóns de euros.
  • Temos participado en procesos de compra-venda de compañías por un valor total superior a 100 millóns de euros.

“Únenos a amizade, a experiencia de saber o que é emprender en Galicia e un desexo compartido: axudar a quen o está a facer hoxe”

O que ofrecemos

O que ofrecemos

A nosa experiencia como emprendedores e empresarios na creación, desenvolvemento e xestión de proxectos de negocio de éxito.

O que ofrecemos

A nosa implicación persoal e profesional coa empresa participada para a mellora e desenvolvemento do plan de negocio.

O que ofrecemos

O noso capital para asegurar que a empresa participada conta cos medios que necesita e poida crear unha estrutura financieira sólida que soporte o crecemento.

O que buscamos

Proyectos Empresariais
Proxectos empresariais pertencentes a calquera sector de actividade, cun produto ou servizo desenvolvido, un mercado definido e relacións con clientes xa establecidas.
Modelos de Negocios
Modelos de negocio con potencial para seren escalados e replicados, que teñan como mínimo un ano de traxectoria e dispoñan de métricas coas que determinar o seu potencial.
Equipos Humanos
Equipos humanos implicados, cun cen por cen de dedicación ao proxecto e os coñecementos que resulten chave no seu sector de actividade.
Capital
Empresas que teñan feito primeiras vendas e necesiten capital para sistematizar o seu modelo de negocio.
Empresas Familiares
Empresas familiares que buscan transformar o seu modelo de negocio tradicional mediante a incorporación de tecnoloxía, ou ben que se atopan nun proceso de cambio xeracional e necesitan apoio externo para conducilo con éxito.
Desenvolvemento profesional
Persoas que teñan culminado o seu desenvolvemento profesional e teñan gañas, forza e capacidade para mercar e liderar unha empresa.

Contacta con nós

683 50 33 05

Se tes un proxecto en marcha e necesitas apoio para facelo medrar envíanos un correo a iniciativas@xenese.gal cunha breve reseña da sociedade e de ti (20 ou 30 liñas)

Xénese Iniciativas

Rúa Payo Gómez, 6, 2º.
A Coruña